Apertura piscina climatizada

August 27, 2014

Dende o  Concello de Arzúa e  a piscina Municipal de Arzúa, informamos que o vindeiro luns, 6 de outubro, reabrirá a piscina climatizada municipal.

Somos conscientes de que este retraso puido ocasionar inconvenientes na planificación do día a día das persoas usuarias, e por iso agradecemos a paciencia e a comprensión da veciñanza.

A prioridade foi en todo momento garantir que as instalacións estivesen en condicións óptimas e seguras. A partir do día 6 poderedes volver desfrutar da piscina con total tranquilidade.

Ademáis aproveitamos para informar das datas de inicio de cursos e actividades:

 

  • Cursos de natación e Aquagym: Luns 6 de outubro.
  • Actividades dirixidas en sala: Mércores 1 de outubro.
  • Apertura da piscina: Luns 6 de outubro

 

 

Agardamos que desfrutedes das instalacións renovadas.



Todos los derechos reservados - www.piscinadearzua.com